CRTVG

Buscar

30.000 denuncias e 315 detidos por incumprir as normas do estado de alarma

Publicado o 20/03/2020 19:18

As forzas de seguridade do Estado, autonómicas e locais levantaron máis de 30.000 denuncias por incumprir as normas do estado de alarma e detiveron 315 persoas por desobediencia grave, segundo os datos que adiantou esta tarde o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska. Nunha comparecencia no Palacio da Moncloa xunto co ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, o titular do Interior valorou, a pesar destes datos, a actitude da cidadanía, á que instou a "non baixar a garda e manter a defensa moi alta" ante a pandemia do coronavirus.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí