CRTVG

Buscar

25 anos da comida de Nadal solidaria do Paluso

Publicado o 25/12/2019 14:09

Tras a xa tradicional cea de Noiteboa, na carpa do Paluso, situada na alameda de Santiago, amencían así, repartindo chocolate con churros.

A idea destas comidas de Nadal solidarias naceu en Santiago hai 25 anos, e aínda que o formato mudou co paso do tempo, o obxectivo desta iniciativa segue a ser o mesmo.

Chus Iglesias, creadora do Nadal Solidario do Paluso, explica que o obxectivo é que ninguén se sinta só nestas datas, e que por iso todos poden unirse á gran familia que son.

Neste día de Nadal tamén abren as portas da súa gran familia, con sitio para uns 300 comensais. Lagostinos e paella de marisco ou polo son algúns dos pratos que atoparán no menú, elaborado coas mans dos voluntarios.

Lola Otero, unha das persoas voluntarias, di que é marabilloso axudarlle á xente que o necesita.

Un encontro arredor da mesa para combater a soidade, que con frecuencia se acentúa, durante o Nadal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/12/2019