CRTVG

Buscar

Galicia: 23 mortes e 1521 contaxiados con coronavirus

Publicado o 24/03/2020 13:00

• A última falecida é unha muller de 91 anos que estaba ingresada no CHUF de Ferrol

• 54 dos pacientes permanecen na UCI e 19 foron dados de alta

 

 

1521 persoas contaxiáronse con coronavirus en Galicia, segundo os últimos datos actualizados pola Dirección Xeral de Saúde Pública. Delas, 359 son da área da Coruña; 97, da de Lugo, 152, da de Ourense; 179, da de Pontevedra; 312, da área de Vigo, 239, da de Santiago, e 36, da de Ferrol. 

Do total de pacientes positivos, 68 permanecen en UCI, 393 están en unidades de hospitalización e 160, no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 19 altas de pacientes e 23 falecementos. O número de altas é de 25.

Os últimos falecidos eran unha muller de 91 anos que estaba ingresada no CHUF de Ferrol. Fora diagnosticada de coronavirus e tiña varias patoloxías previas. Tamén faleceu un home de 83 anos, que estaba ingresado no Hospital da Mariña e que tiña patoloxías previas; e outro, de 61 anos, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e tamén tiña patoloxías previas.

O número de probas realizadas é de 6.741.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web, onde se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.