CRTVG

Buscar

Vinte detidos no Levante dunha rede que explotaba mulleres e as multaba ata por ducharse

Publicado o 29/11/2020 12:08

A Policía Nacional detivo unha vintena de membros dunha rede que obrigaba a exercer a prostitución a mulleres en locais de Murcia, Alacant, Almería e Valencia. A organización multaba as mulleres se querían ducharse despois de cada servizo, descansar ou deixaban de traballar por enfermidade.

Os axentes liberaron catorce mulleres prostituídas e arrestaron vinte integrantes da rede dos que nove xa ingresaron en prisión. Practicaron doce rexistros e interviñeron 90.000 euros en efectivo, cinco vehículos de alta gama, distintas armas, e cocaína e marihuana preparada para a súa venda.

As vítimas da trata era obrigadas a traballar doce horas diarias con horarios estritos e coa penalización por ducharse ou descanar de entre 60 e 200 euros. Tamén lles denegaban asistencia sanitaria por enfermidade, con sancións de 400 euros. Algunhas das mulleres acumularon débedas con eles que superaban os 4.000 euros, polo que recibían ameazas tanto elas coma as súas familias.

A operación culmina co peche cautelar de seis dos locais de alterne no Levante nos que se realizaban as actividades de explotación sexual.


 

Noticias web

29/11/2020