CRTVG

Buscar

19 cidades españolas aplican a redución a 30 km/h

Publicado o 24/01/2020 14:34

Hai unha década que os pontevedreses circulan a un máximo de 30 quilómetros por hora na cidade. E dende o pasado outubro a velocidade máxima baixouse a 10 km no centro histórico.

Aseguran que tamén se reduciu a gravidade dos sinistros e que o tráfico é máis fluído. Son medidas que, segundo a Policía Local, se integran nun plan global de transformación da circulación na cidade, e que ten un obxectivo: mellorar a seguridade.

Con todo, segundo os expertos no motor, limitar a velocidade a 30 nas cidades podería ter contraprestacións.

En España hai 19 cidades coa limitación de velocidade a 30, entre elas Pontevedra. A Coruña xa anunciou que pensa sumarse a esta medida co obxectivo de mellorar a seguridade e potenciar os desprazamentos a pé.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2020