CRTVG

Buscar

188 mulleres asasinadas por violencia machista desde o 2018

Publicado o 18/05/2020 19:35
188 mulleres asasinadas por violencia machista desde o 2018

188 mulleres foron asasinadas por violencia machista desde o ano 2018 ata a actualidade. Datos que coñecemos hoxe mesmo polo Goberno e que concreta ademais que desas mulleres, 124 morreron polas mans das súas parellas ou ex-parellas. As outras 64 morreron por outro tipo de violencia contra as mulleres, isto é, asasinatos fóra do ámbito da parella ou ex-parella. A ministra de Igualdade, Irene Montero, dixo que a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero traballa desde outubro do 2018 na recollida de datos estatísticos destes últimos casos de asasinatos e homicidios a mulleres.


 

Noticias web

18/05/2020