CRTVG

Buscar

140 condutores deron positivo nos controis especiais de tráfico de fin de ano

Publicado o 01/01/2020 21:15
140 condutores deron positivo nos controis especiais de tráfico de fin de ano

É o balance do dispositivo especial en que colaboraron a Garda Civil e as policías locais. Os axentes practicaron case 5.400 probas. 36 condutores ían baixo os efectos das drogas, e 104 deron positivo na proba de alcolemia. A maioría deles enfróntanse a unha sanción administrativa, cunha multa de 1.000 euros e a perda de seis puntos do carné. Pero dezasete deles ademais terán que ir a un xuizo rápido por un presunto delito contra a seguridade viaria.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/01/2020