CRTVG

Buscar

Polo menos 21 mortos e máis de mil feridos en Turquía polo sismo máis forte da década

Publicado o 25/01/2020 13:45

Alomenos 21 persoas faleceron en Turquía e centos de persoas resultaron feridas tras un sismo de 6'8 graos que sacudiu nas últimas horas o surleste do país. O mobimento de terra tamén causou o derrubamento de varias edificios. Os equipos de rescate traballan para localizar a persoas que poidan atoparse baixo os cascallos.

Tralo sismo houbo varias réplicas, a máis forte chegou a 5'4 graos. Trátase do máis forte rexistrado na zona desde 2011 e o seu epicentro localizouse a case sete quilómetros da superficie terrestre.

Turquía é un dos países con máis atividade sísmica do mundo. En 1999 sufriu un tremor de magnitude 7,4 na rexión de Mármara que causou 17.000 mortos.