CRTVG

Buscar

11.500 identificados nos controis policiais en Ourense e Barbadás

Publicado o 14/10/2020 13:33

As forzas e corpos de seguridade dos concellos de Ourense e de Barbadás levaron a cabo 224 dispositivos de control. Identificararon 11.500 persoas.

Un total de 115 vehículos tiveron que dar voltar ao non acreditaren os motivos da viaxe, que só pode ser por razóns laborais, sanitarias ou educativas.

Houbo ademais preto de 200 propostas de sancións e outras tantas notificacións sobre infraccións da normativa sanitaria. Tamén se detivo unha persoa.

Manteranse os operativos de control conxunto e reforzaranse os dispositivos nas vías secundarias.

Noticias web

14/10/2020