CRTVG

Buscar

1.000 zapatos verdes para reclamar a peonalización do Paseo de Alfonso de Vigo.

Publicado o 06/12/2019 19:54

Arredor de mil zapatos verdes encheron esta tarde as zonas máis emblemáticas do Paseo de Alfonso de Vigo.
Para os membros de Vigo Histórico este acto é unha maneira de simbolizar así a necesidade de peonalizar este balcón da cidade en lugar de construír o túnel soterrado da Porta do Sol. Unha iniciativa que defende a sostenibilidade das cidades para facelas máis amables á cidadanía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2019