Esqueceu o contrasinal?
Rexístrate
RESPONSABLE (TRATAMENTO) Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG)
Bando-San Marcos s/n 15820 (Santiago de Compostela)
FINALIDADE Xestionar o rexistro do usuario e darlle acceso os nosos productos e/o servizos
LEXITIMACIÓN Baseado no consentimento expreso por parte do usuario
DEREITOS Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade.
EXERCICIO DE DEREITOS Correo Electrónico (lopd@crtvg.es)

CRTVG

Xabarín

xoves 25 de febreiro
  • Ingresa I
  • Rexístrate
  • Afíliate!
  • Programas
  • App
  • Ademais

Libros recomendados

  • Larpancia saborosa do lobo e a raposa: farsa de monifates nun lance

    Larpancia saborosa do lobo e a raposa: farsa de monifates nun lance

    Nesta moderna fábula, os animais protagonistas amosan o choque de mundos entre a maneira natural e e harmónica de vivir no rural e o superficial e frívolo dos habitantes da urbe.

    + de 9 anos Teatro Monicreques
  • Silvana, a filla do explorador. Os espíritus azuis

    Silvana, a filla do explorador. Os espíritus azuis

    Os Espíritus Azuis é a primeira entrega da serie de cómic Silvana, a filla do explorador. Nesta ocasión, Ramón Marcos preséntanos á súa protagonista, unha rapaza aventureira que viaxa co seu tío Hércules á selva de Sumatra.

    Fantasía Aventuras + de 11 anos
  • Este é o maimiño

    Este é o maimiño

    A colección Dediños son libros que recollen unha canción, xogos de rima ou ringleiras da tradición oral. As ilustracións presentan uns pequenos furados nos lugares máis significativos para que os rapaces e rapazas introduzan os dediños e animen as imaxes mentres lles é lido o conto.

    Música Poesía
  • Os reloxos preguiceiros da néboa

    Os reloxos preguiceiros da néboa

    Os reloxos preguiceiros da cidade de Néboa deixaron de calcular o tempo. Este suceso desorienta aos habitantes da cidade onde unha brétema constante case non deixa ver o sol. A alcadesa Sabela Depresa, xunto coa súa colega detective Lupita Grande, tentará resolver este misterio e chegar á orixe deste extraño caso.

    Fantasía Imaxinación + de 9 anos misterio
  • Soños de pixamas

    Soños de pixamas

    ¿E se o pixama fose a roupa de vestir a diario? Os rapaces e rapazas irían á escola en pixama de raias, os xogadores de fútbol, os bombeiros, os varredores... todos con esta prenda pola rúa e nos seus traballos. ¿Será o soño de todo pixama ou máis ben un pesadelo?

    + de 3 anos Fantasía
  • A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS

    A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS

    Serafina é a protagonista desta historia. Ela vive coa súa tía, dona Perfecta, e a súa maior ilusión é traballar nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que fai equilibrismo.

    Humor Aventuras Amizade + de 12 anos
  • Rodribico

    Rodribico

    Rodribico é unha pega marza á que lle encanta vivir na fraga rodeado dos seus amigos. Nesta ocasión enfréntase ó reto persoal de botarse a voar, tarefa que coa axuda dos seus veciños se volve máis doada.

    Amizade
  • Verbas de sal

    Verbas de sal

    Vilamollada é o pobo no que vive Xulieta, unha nena inqueda e curiosa que decide observar de preto a don Evaristo, un home misterioso e gris, considerado tolo por todos os veciños.

     

    Fantasía Aventuras Amizade + de 9 anos misterio
  • VALADOS

    VALADOS

    A historia que conta este libro fala de muros físicos e tamén de muros invisibles. Ten como protagonistas a Helena e Xoel, dous nenos dun pobo, amigos inseparables, que loitan por superar as barreiras que os adultos e as clases sociais lle imponen,  e por alimentar a súa amizade. Eles superarán as barreiras da intolerancia e do racismo.

    Tolerancia Amizade + de 9 anos
  • O GRAN LIBRO DOS MEDOS DO RATO PEQUENO

    O GRAN LIBRO DOS MEDOS DO RATO PEQUENO

    Seguro que as veces sintes medo, e ese medo pode ter un nome como a aracnofobia. Pero tamén podes sentir medos á cousas coma a que rimchen as portas, as pingas do lavabo…Este libro roido é un catálogo dos medos e fobias dun rato pequeño, pero valente, xa que os enfrenta  debuxando e escribindo, e sobre todo poñéndolles un nome.

    Fantasía Humor + de 7 anos medos fobias
  • ONCE DAMAS ATREVIDAS

    ONCE DAMAS ATREVIDAS

    Este conto é una adaptación feita por Xosé Manuel González Barreiro (OLI) a partir dun conto popular. Trátase dun conto rimado que nos invita a facer unha fabulosa viaxe imaxinaria polo mundo, visitando Marrocos, pasando por Moscú, México, Australia, etc., ata rematar en Galicia. Os lugares polos que pasan, as súas culturas, engaiolan as damas que van quedando nelas.

    + de 5 anos Fantasía Conto rimado Humor
  • ZIMBO

    ZIMBO

    Zimbo é un monicreque, un boneco de madeira que desexa liberdade, pero o monicrequeiro quéreo como a un fillo e dóelle que queira cortar os fíos que supoñen a súa independencia.

    + de 8 anos
  • CONTOS PARA NENOS QUE DORMEN DESEGUIDA

    CONTOS PARA NENOS QUE DORMEN DESEGUIDA

    Este é un libro de contos curtos, algúns moi, pero que moi curtos; son contos para antes de durmir, e como seguro que ti en canto te metes na cama dormes deseguida, por iso os contos son curtiños, para que non quedes durmido sen saber o final.

    + de 5 anos Fantasía Humor
  • Á SOMBRA DO LUEIRO DE PAPEL

    Á SOMBRA DO LUEIRO DE PAPEL

    Este libro non está rematado, tédelo que rematar vós, coa vosa participación. Neste libro de poemas hai moitas lúas: hai unha lúa namorada bailando cun fermoso vestido branco, e tamén atopamos una lúa solidaria que bica un neno saharaui que chora porque non a pode ver. A lúa  voa, soña e se sinte poeta, e convida aos pequenos lectores a facerlle rimas e ilustracións para que constrúan cadanseu lueiro de papel.<

    Fantasía + de 8 anos Poesía
  • DEZ PIRATAS

    DEZ PIRATAS

    Este conto rimado conta a busca dun tesouro, o Marranchiño de Ouro, polos piratas da tripulación do barco Marabillas. Os piratas Orella de Cachucha, Leonardo Biosbar, Tripas, O Patatán, Furriqueiras, Man de Fouciño, Cascarilla, Corazón de Boi, Pistraca e o capitán Bocanegra van na procura do tesouro, pero a tripulación vai minguando a medida que suceden as aventuras, incluíndo o encontro con Vanesa Caracortada e a nave Capitana.

    Conto rimado Humor Aventuras Piratas + de 8 anos
  • O PEIXE VERMELLO

    O PEIXE VERMELLO

    Un día Ramiro acompaña a seu avó ao traballo nunha biblioteca moi antiga, e leva consigo o seu amigo, o peixe vermello. Ramiro queda abraiado con tanto libro, míraos todos, pero son tantos que moi canso queda adormecido.

    + de 5 anos Fantasía Aventuras Amizade
  • O MEU GATO É UN POETA

    O MEU GATO É UN POETA

    O gato de Fran Alonso é poeta, un poeta 2.0, “e escribe porque lle peta"

    Humor Música + de 8 anos Poesía Xogos de palabras
  • OS LUNARES DE LOLA

    OS LUNARES DE LOLA

    Este domingo Lola ten un plan con seus pais: ir de paseo á praia a xogar co seu papaventos! 

     

     

    + de 4 anos Fantasía Comunicación Amizade Colaboración Resolución de problemas
  • O PIRATA PATA DE LATA

    O PIRATA PATA DE LATA

    Este conto fala da historia dun pirata feroz, dos de verdade eh? – con parche nun ollo, pata de lata e papagaio Simeón

    + de 3 anos Conto rimado Humor Aventuras Piratas Pantasmas
  • DIARIO DE PICHÜK: as minchas de Aridöndia

    DIARIO DE PICHÜK: as minchas de Aridöndia

    Esta é una história fantástica sobre o Planeta Mincha, máis concretamente sobre a rexión de Aridöndia. Neste planeta conviven moitas razas: ardos, lampönak, xordosauros…entre eles as Minchas.

    + de 5 anos Fantasía Ciencia ficción Comunicación Tolerancia
  • 1
  • 2
Banner

etiquetas de libros recomendados

Fantasía Ciencia ficción Comunicación Tolerancia Conto rimado Humor Aventuras Piratas Pantasmas Amizade Colaboración Resolución de problemas Música Poesía Xogos de palabras medos fobias misterio Imaxinación Teatro Monicreques Cociña Nenos Receitas Intriga e suspense Arte Natureza Infantil
  • Galicia TV América |
  • Galicia TV Europa |
  • RG |
  • RG Música |
  • TVG Informativos |
  • Servizo de webcams |
  • Á Carta |
  • Máis á carta |
  • RRSS
  • Canles RSS
  • Contacto
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • TVG
    • Á carta
    • TVG en directo
    • Programación
    • Programas
    • Contacta
    • Frecuencias
    • Concursos
  • G24Noticias
  • RG
    • Á carta
    • Podcast
    • RG en directo
    • Programación
    • Programas
    • Destacados
    • Contacta
    • Vídeopodcast
    • Entrevistas
    • Panorámica
  • Deportes
    • Marcadores
  • #Cultura365
    • pasouoquepasou.crtvg
  • O tempo
  • Xabarín
    • Afíliate!
    • Programas
    • App
    • Ademais
  • Directos
  • CRTVG
    • Presentación
    • CRTVG Viva
    • Portal de Transparencia
    • AcciónsG
    • Canles Temáticas
    • Blogs
    • Cámaras web
    • Apps
    • Contacta
© CRTVG
  • Aviso legal|
  • Perfil do contratante|
  • Emprego e prácticas
  • A CRTVG //
  • Galego |
  • Español |
  • English |
  • Português