Este é o maimiño
- Autor: Cortizas Amado, Antón ; Ilustrador: Alonso, Juan Ramón.
- Editorial: Tambre.
- Colección: Dediños.
- Ano: 2004.
Sinopse: A colección Dediños son libros que recollen unha canción, xogos de rima ou ringleiras da tradición oral. As ilustracións presentan uns pequenos furados nos lugares máis significativos para que os rapaces e rapazas introduzan os dediños e animen as imaxes mentres lles é lido o conto. Desta maneira, os nenos e nenas son protagonistas ao tempo que xogan coas súas mans. Algúns dos títulos máis destacados deste autor pertencentes a esta colección son: Reirrei, Dedín Dedín, Este queixo queixolán, Esta era unha vella, Pedro Chosco ou A pega rebulda.