CRTVG

Buscar

Especiais

TimelineTVG
  • Louredo responde

    Louredo responde

    Espazo de fición emitido antes de Padre Casares, no que as personaxes explican aquelas historias que quedaron sen concluír na serie, segredos do pasado, ou calqueira aspecto de interese para o público.

  • Era visto

    Era visto

    Unha comedia familiar, alternativa á ficción tradicional, na que destacan as conversas de Moncho coa cámara, un home optimista, casado con fillo, que vive nunha difusa zona rural, nun chalé solitario e a medio facer ao pé dunha estrada comarcal. 

  • Bamboleo

    Bamboleo

    Ofrece unha oportunidade a artistas descoñecidos, con bailes de salón, cos vídeos máis divertidos da Rede, cun test a parellas que pensan casar ou ir vivir xuntos, con seción de cámara oculta; e no que parellas consolidadas intercambian tarefas. 

  • A tropa de trapo

    A tropa de trapo

    A viaxe da pequena Mumu por un soño: ser unha super-estrela. A vaquiña Mumu vai vivir unha aventura de acción, suspense e emoción. A tropa de trapo, os seus amigos, están feitos con centos de manchas, de todas as cores, de xogar na herba e nas pozas.

  • A solaina

    A solaina

    Magazine da actualidade galega con participación da audiencia. O programa inclúe reportaxes a pé de rúa, participación de artistas ou colaboradores esporádictos, así como novos talentos, e o concurso telefónico As catro verdades.

  • Actualizad@s

    Actualizad@s

    Un equipo de reporteiros percorre Galicia buscando historias anónimas marabillosas. Espazo divulgativo que busca aos heroes da vida cotiá, dos que falaba Torrente Ballester; eses galegos e galegas (de toda idade e condición) que teñen cousas que contar.

  • Escoba

    Escoba

    Cinco mulleres dun barrio urbano galego xúntanse no Centro Sociocultural para xogar ás cartas e falar da súa vida. Marina, Sofía, Amparo, Antonia e Milagros xogan á escoba. Comedia de situación caracterizada polo protagonismo absoluto das mulleres.

  • Polo chan

    Polo chan

    Concurso no que representantes de trece concellos galegos terán que superar diversas probas físicas para conseguir o maior número de puntos posibles para acadar o primeiro posto da clasificación e, polo tanto, ser os vencedores do programa.

  • Botarse ao monte

    Botarse ao monte

    Botarse ao monte fala da xente que utiliza os pés, que camiña para deixar atrás a rutina. O propósito do programa é incentivar o espectador para que saque a cabra que todos levamos dentro e, deste xeito, aprenda a gozar da natureza.

  • Os Axóuxeres

    Os Axóuxeres

    Unha familia de monecos vive encima dunha mesa no dormitorio dun neno. Son os pais Lúa e Antón; tres fillos, Iria, Xan e Pelouro; un amigo dos rapaces, Moncho, e R01, un extraterrestre que acaba de chegar á Terra. Produción orientada a nenos de ata seis anos. 

  • O corpo da alma
  • George e Martha

    George e Martha

    Serie canadense de debuxos animados baseada no libro escrito e ilustrado por James Marshal e co-producida con Maurice Sendak. A serie xira en torno ás vidas de dous hipopótamos, George e Martha, que son os mellores amigos entre si e que conviven con outros animais da veciñanza.

  • Hai que ver!

    Hai que ver!

    Programa de entrevistas con personaxes de actualidade, experiencias singulares e un apartado dedicado a recrear os mundos autóctonos de personaxes de orixe galega.

  • Comando Chef

    Comando Chef

     Imaxínese que un equipo da Televisión de Galicia se presenta na súa casa coa seguinte proposta: dentro dunha hora pode vostede cear cunha persoa famosa. Tan só hai un problema: dispón dunha hora e ten que preparalo todo exclusivamente co que teña na casa.

  • Cousas da lingua

    Cousas da lingua

    Espazo divulgativo sobre curiosidades da lingua galega.  En cada programa tratan un tema que podía ser o significado dunha palabra, formas de indicar o mesmo concepto en galego, unha dúbida... O espazo sufre diversos cambios no seu formato e duración ao longo dos catro anos de presenza en antena.

  • Ben falado!

    Ben falado!

    Microespazo divulgativo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal. A primeira entrega constou de 250 programas durante 2008-2009 e a segunda entrega consta de 230 programas que comezaron a emitirse en xuño de 2010.

  • Verán de estrelas

    Verán de estrelas

    Programa musical producido para as televisións autonómicas desde a illa da Toxa para os venres do verán. O programa emítese ao aire libre e cun espectacular plató deseñado para a ocasión.

  • Roseanne

    Roseanne

    A vida da familia Conner, unha familia de clase baixa traballadora que vivía nunha ficticia cidade de Lanford, Illinois, con serias dificultades para chegar a fin de mes cos salarios baixos de Roseanne y Dan, os pais. Na serie aparecen os problemas sociais das clases baixas americanas, tocando temas como a pobreza, o alcolismo, as drogas, o sexo ou o embarazo de adolescentes.

  • 2006 en imaxes

    2006 en imaxes

    As imaxes e as noticias máis destacadas de 2006 emitidas polos informativos de Televisión de Galicia

  • 2007 en imaxes

    2007 en imaxes

    As imaxes e as noticias máis destacadas de 2007 emitidas polos informativos de Televisión de Galicia.