Especiais
Ana Kiro-
Ana Kiro presentadora do “Luar”, 2002
O día 1 de marzo do ano 2002, Ana Kiro presenta en solitario o programa “LUAR”, porque Xosé Ramón Gayoso está de viaxe en Nova York para recoller un premio.
-
Ana Kiro no primeiro “Especial Noitevella” de TVG (1985)
Ana Kiro foi unha das estrelas convidadas do primeiro programa “Especial Noitevella “ de TVG en 1985.
-
Ana Kiro canta con Pucho Boedo
Dúas estrelas da canción comparten escenario na TVG no “Especial Noitevella 1985”
-
Ana Kiro, toda unha vida
Ana Kiro faleceu o 24 de setembro de 2010 en Oleiros. A TVG adicoulle ao día seguinte unha edición especial de Luar, programa no que colaborara de forma habitual. Nel reprodúcese a súa derradeira entrevista para TVG.