-
Boa Noite, Noiteboa: Especial Noiteboa 1998, con Juan Pardo
Juan Pardo foi o protagonista do programa de Nadal de TVG de 1998. Presentouno e interpretou varias cancións, nun especial Noiteboa no que actuaron artistas de renome.
-
"Bravo pola Música": Especial Juan Pardo, 2011
"Bravo pola Música" é un programa especial dedicado ao cantante Juan Pardo que se emitiu o 28 de deecembro de 2011. O programa foi presentado por Iria Soengas e Ricardo Pardo, coa colaboración especial de Lys e Teba, as fillas de Juan Pardo.
-
Noiteboa 1997 con Juan Pardo
Este programa musical é o especial Noiteboa emitido pola TVG o 24 de decembro de 1997, en que o protagonista indiscutible foi Juan Pardo.
-
Pepe o inglés
Pepe ten unha querencia por todo o inglés -a ironía, os modais- que, sendo tamén moi galego, non se sabe moi ben de onde lle vén. Dirixe un taller de reciclaxe Pepe o Inglés Factory Recycling onde ademais fai pequenos inventos co seu axudante Suso, alcumado por Negreira o taxista, el pajarito.
-
Pensando en ti
Pensando en ti é un programa diario á medida de Xosé Ramón Gayoso: é un programa de entrevistas con actuacións musicais e humorísticas. Os protagonistas son persoeiros galegos de relevancia social, cultural.
-
Parlamento (2005)
Parlamento é o programa semanal dos Servizos Informativos de TVG que se vén encargando da información parlamentaria desde 1985. Ao longo dos 25 anos tivo varios directores e presentadores.
-
Parlamento (1994)
Parlamento é o programa semanal dos Servizos Informativos de TVG que se vén encargando da información parlamentaria desde 1985.
-
Parlamento (1993)
Parlamento é o programa semanal dos Servizos Informativos de TVG que se vén encargando da información parlamentaria desde 1985.
-
Parlamento (2009)
Parlamento é o programa semanal dos Servizos Informativos de TVG que se vén encargando da información parlamentaria desde 1985.
-
Palco da música
Palco da musica é un programa dedicado a promover as bandas de música. Emitíase os domingos pola mañá. Cada programa estaba dedicado a unha banda.
-
Padre Casares
O padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar. Padre Casares narra, con humor e tenrura, o proceso polo que este home encaixa nese lugar, á vez tan próximo e tan afastado do que el era ata ese momento.
-
Outras realidades
Outras Realidades é un programa de reportaxes dos Servizos informativos de TVG.
-
O show dos Tonechos
O Show dos Tonechos é un programa de humor en que os protagonistas son o dúo -Os Tonechos-: Roberto Gómez (pai) e Pepo Suevos (Tucho, o fillo). A serie conta as andanzas da familia dos Tonechos que vive nunha casa pegada nunha urbanización moderna.
-
Os Pitufos
Os Pitufos é unha serie fantástica de animación baseada nas historietas do belga Pierre Culliford que está ambientada na Idade Media. Na aldea dos pitufos todas as casas son cogomelos e todos son azuis e visten igual: pantalón branco e gorro branco, agás Papá Pitufo, que usa roupa vermella, e a Pitufiña, que vai de rosa. Papá Pitufo é quen dirixe a aldea pola súa avanzada idade e polo seu co&nt