CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Éxito de audiencia de "Serramoura" no seu regreso á programación da Televisión de Galicia

03/10/2016

Cunha cota de pantalla do 13% e unha audiencia media de 126.000 espectadores, a ficción foi este domingo o programa non informativo máis visto do día en Galicia e tamén  a emisión máis seguida no prime time

Éxito de audiencia de "Serramoura" no seu regreso á programación da Televisión de Galicia

Santiago, 03.10.2016.-    As tramas de “Serramoura”, unha das series da TVG con máis éxito nos últimos tempos, regresaron onte á grella da canle autonómica e fixérono con grande aceptación por parte da audiencia.

Cunha cota de pantalla do 13% e unha audiencia media de 126.000 espectadores, a ficción ambientada na imaxinaria vila madeireira de Serramoura foi este domingo o programa non informativo máis visto do día en Galicia e tamén foi a emisión máis seguida no prime time.

A emisión de “Serramoura” contou cunha audiencia total de 297.000 espectadores e foi onte e tamén durante o día de hoxe tendencia en Twitter, con 1.432 chíos, 403 contribuíntes e máis de cinco millóns de impresións.