CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Rácing de Ferrol e C.D. Lugo xogan esta fin de semana, en directo, os seus ascensos na tvG2 e na web da CRTVG

11/06/2011
[traduccion]

Santiago, 11.06.2011.-    Os equipos galegos están rematando as súas temporadas deportivas e a segunda canle da TVG, a tvG2, e a web da CRTVG continúan ofrecéndolles aos espectadores galegos e afeccionados a posibilidade de seguir de preto as competicións dos seus equipos preferidos.

Así, este sábado, a partir das 18.00 horas, a tvG2 e a web da CRTVG transmiten Rácing de Ferrol–Izarra, un partido importante e definitivo para o conxunto ferrolán que se xoga o ascenso a 2ªB.

O domingo a tvG2 e a web volven estar a prol do deporte ofrecendo as transmisións do segundo encontro da final de fútbol sala entre F.C. Barcelona–Caja Segovia (tvG2, 17.00 horas) e os últimos encontros de fútbol para o ascenso do C.D. Lugo á 2ªA ante o Alavés (tvG2 e www.crtvg/deportes.es, 19.00h) e do Cerceda á 2ªB fronte ao San Sebastián de los Reyes (www.crtvg.es/deportes, 18.00h).