CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Os xornalistas da Radio Galega Carlos Alonso, Alfonso Pardo e Roberto Carlos Carballo, premiados pola Federación Galega de Piragüismo

19/11/2019

Os tres profesionais da emisora pública son recoñecidos polo seu labor xornalístico cubrindo durante anos a actualidade do piragüismo galego

 

Os xornalistas da Radio Galega Carlos Alonso, Alfonso Pardo e Roberto Carlos Carballo, premiados pola Federación Galega de Piragüismo

Santiago, 19.11.2019.-    Os xornalistas da Radio Galega Alfonso Pardo (‘Convivir deportivo’), Roberto Carlos Carballo (‘Galicia en goles’) e Carlos Alonso (‘Zona mixta’) serán galardoados pola Federación Galega de Piragüismo, que acaba de anunciar a lista dos galardóns correspondentes á temporada 2019.

A Federación recoñece estes profesionais da Radio Galega o seu labor xornalístico na difusión desta disciplina deportiva que ten unha forte presenza nos medios públicos galegos. No caso de Roberto Carlos Carballo, polo seu traballo á fronte do ‘Galicia en goles’ diario, espazo que dirixiu desde 2011 ata agosto de 2018. A Federación premia tamén os xornalistas Alfonso Pardo, director do programa ‘Convivir deportivo’, que amosa a actualidade do deporte desde a óptica social e narra cada fin de semana historias de superación e voluntariado, entre outros contidos como o deporte base; e a Carlos Alonso, director de ‘Zona mixta’, programa diario de deportes que se emite de luns a venres de 15 h a 16 h na radio pública.

A entrega destes galardóns terá lugar o vindeiro 21 de decembro na Gala do Piragüismo Galego, nun acto en que, entre outros moitos premios, o galardón ao mellor deportista senior masculino será compartido por Carlos Arévalo e Tono Campos e o galardón para a categoría feminina volve caer por segundo ano consecutivo á dupla formada por Tania Álvarez e Tania Fernández.