CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O público acompañou os 1.000 programas de 'Luar' cun 13,9% de audiencia e #LuarMilenario foi 'trending topic'

17/10/2015

O programa estivo cheo de momentos emotivos, como a estrea da canción do programa, a xuntanza de ex-presentadoras e o anuncio de volta dos Tonechos aos escenarios

Ademais 1.300 persoas asistiron en directo ao espectáculo no Pazo de Congresos de Santiago e animaron activamente ata a madrugada

O público acompañou os 1.000 programas de 'Luar' cun 13,9% de audiencia e #LuarMilenario foi 'trending topic'

Santiago, 17.10.2015.-     O público acompañou na noite do venres e a madrugada do sábado a celebración do programa número 1.000 de 'Luar', non só polas 1.300 persoas que asistiron en directo ao grande espectáculo no Pazo de Congresos de Santiago, senón polo 13,9% de audiencia que acadou a emisión.

Ademais, o espazo presentado por un emocionado Xosé Ramón Gayoso tamén contou coa aceptación das redes sociais, xa que #LuarMilenario foi 'trending topic' en Twitter.

O programa estivo cheo de momentos emotivos, como a estrea da canción do programa, a xuntanza de ex-presentadoras ou o anuncio de Roberto Vilar e Víctor Fábregas de que Os Tonechos volverán aos escenarios o próximo ano. O acto rematou co canto de "Apaga o candil", tema emblemático do programa, por todos os asistentes.

Galería de imaxes da gala: http://www.crtvg.es/crtvg/galeria-de-imaxes-crtvg

A nova canción de Luar: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/os-nosos-festeiros

Para ver de novo o programa: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/luar-milenario