CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O asalto final do CD Lugo para o ascenso á 2ªA, en directo, este domingo na tvG2

19/06/2011

[traduccion]

 

Santiago, 18 xuño 2011.- O único equipo galego de fútbol que continúa na loita polo ascenso, o CD Lugo será o gran protagonista este domingo na tvG2 ao transmitir en directo, a partir das 20.00 horas, o partido de ida da última eliminatoria de ascenso á 2ªA fronte ao Alcoiano.

O asalto final para o posible ascenso do CD Lugo á categoría de prata do fútbol español comeza esta fin de semana no céspede alacantino de El Collao. O conxunto vermello e branco que adestra Quiqué Setién afronta a última eliminatoria con moito ánimo, logo de eliminar, a fin de semana pasada, o Alavés, un equipo con historia na primeira división e na Copa da Uefa.

Por outra parte, o rival do equipo galego o CD Alcoiano chega a esta final cunha traxectoria tamén brillante, deixando atrás a equipos como o Castilla e o Éibar. Ademais o equipo de Alcoi ten ao seu favor neste primeiro partido un campo considerado como difícil polas dimensións reducidas que ten.