CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Malicia noticias', líder de audiencia o domingo na súa estrea esta temporada

14/09/2020

Na volta á grella, o espazo acadou un 14 % de cota e unha audiencia de 231.000 persoas

A relación co público a través das redes sociais é fundamental nun espazo seguido moi especialmente polos máis novos

'Malicia noticias', líder de audiencia o domingo na súa estrea esta temporada

Santiago, 14.09.2020.-    Malicia noticias volveu onte domingo á grella da Televisión de Galicia e logrou unha gran resposta do seu público. O informativo máis irreverente e divertido da Galega estreou temporada e foi líder da noite cun share do 14 % e unha audiencia total de 231.000 espectadores.

As redes sociais celebraron tamén a estrea e, de feito, xogan un papel fundamental no espazo, coa nova sección "Redes maliciosas", unha aposta desta nova etapa, tanto en pantalla coma nas plataformas do programa (Tik Tok, Instagram, Facebook, Twitter...).

Desde esta semana, e de domingo a mércores, Malicia noticias abre o tramo de entretemento do prime time da canle pública para contar a actualidade en clave de humor da man dos presentadores e reporteiros Arturo Fernández, Pepe Capelán, Lucía Veiga, Noelia Rei, Brais Doval, Oswaldo Digón e Rocío Candal. O espazo segue a contar cos personaxes emblemáticos Nenita, Santas Mariñas e o secretario xeral de Panchangueo, e tamén con novas fichaxes: os cazafochancas, os patixogos e Xurxo Castelao. Malicia noticias estará, ademais, moi pendente das novas e contidos da grella da TVG e da Radio Galega para repasar a actualidade, pero con malicia.