CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

O programa 'Land Rober Tunai Show' levou a Televisión de Galicia a liderar a audiencia no prime time do mércores

06/10/2016

A TVG acadou unha cota de pantalla do 15,1% no horario de máxima audiencia e o programa de Roberto Vilar rexistrou un total de 243.000 espectadores

O programa 'Land Rober Tunai Show' levou a Televisión de Galicia a liderar a audiencia no prime time do mércores

Santiago, 06.10.2016.-A Televisión de Galicia logrou na noite do mércores ser a cadea máis vista no horario de máxima audiencia grazas aos datos rexistrados polo programa 'Land Rober Tunai Show'. A TVG obtivo unha cota de pantalla do 15,1 % por cento, ocupando o primeiro lugar de todas as cadeas televisivas na noite do mércores. O programa que presenta o cómico Roberto Vilar logrou un share do 20,3% cun promedio de 197.000 espectadores e unha audiencia total de 243.000 televidentes en Galicia. Mesmo chegou a ter picos de audiencia do 32,6 % de cota de pantalla.

Este espazo da canle pública galega segue sendo un dos preferidos desta nova temporada nos horarios nocturnos. O pasado mércores 28 de setembro, cando recibiu como convidado o presidente da Xunta en funcións Alberto Núñez Feijóo, arrasou con medio millón de galegos seguindo 'Land Rober Tunai Show' e sendo o programa máis visto en Galicia en todas as franxas horarias. Chegou mesmo a acadar o 21% de cota de pantalla con picos de 37,8%.