CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Goyo Jiménez e Antonio Garrido, xuntos no 'Land Rober Tunai Show' e dispostos a pintar a mona nos xogos máis disparatados

28/01/2021

Volve ‘Mira quen chama!’, a proba máis perigosa do programa, que desde hoxe non contará con público no estudio

Goyo Jiménez e Antonio Garrido, xuntos no 'Land Rober Tunai Show' e dispostos a pintar a mona nos xogos máis disparatados

Santiago, 28.01.2021.-  ‘Land Rober Tunai Show’ (22.10 h) chegará desde esta noite aos fogares galegos sen público no estudio, en consonancia coas recomendacións das autoridades sanitarias, para garantir tanto a prestación do servizo público como a saúde dos seus traballadores e dos asistentes. Este xoves, o programa recibirá a visita dun humorista dos pés á cabeza, e ademais volve ao directo! Tras superar as duras inclemencias climáticas, agora si que estará no estudio Goyo Jiménez e, que se prepare, porque vai pintar a mona e, moito, nunha festa de xubilación un tanto peculiar.

E tamén hoxe volve o xogo máis perigoso. Os teléfonos sobre a mesa e a tremer! Calquera pode sorprender a Rober, Eva e Antonio Garrido cunha chamada, en ‘Mira quen chama!’.

Ademais, coñecerase como levan o de independizarse os seguidores en ‘Pasa pa’ casa’. Seguirán vivindo cos pais ou non? Ofrecerase tamén unha edición especial dos Casquetes e os espectadores poderán ver quen terá que cantar claro nunha noite chea de humor. E como a actualidade manda, o alcalde de Pazos terá que dar explicacións sobre o escándalo xerado pola súa vacinación.