CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Audiencia TVG

A TVG foi a canle autonómica máis vista esta fin de semana, tanto no conxunto do día coma no prime time

07/09/2015

A televisión pública galega tamén liderou as audiencias en Galicia na faixa de maior consumo televisivo do domingo, en que espazos como “Luci” e “Vaia Troula” fixeron que acadase unha cota media de pantalla do 13%

A TVG foi a canle autonómica máis vista esta fin de semana, tanto no conxunto do día coma no prime time

Santiago, 07.09.2015.-    A Televisión de Galicia foi a canle autonómica máis vista esta fin de semana, ao contar cunha cota media de pantalla do 10,3% entre o sábado e o domingo, o que a situou a 1,8 puntos de TV3, a canle máis próxima. No prime time, a TVG tamén acadou o liderado entre o resto de televisións autonómicas, cunha cota media na fin de semana do 11,3%.

Cómpre salientar que a TVG tamén foi quen de liderar as audiencias en Galicia na faixa de maior consumo televisivo do domingo, cun 13% de share, logrando superar así o competidor máis próximo, que foi Antena 3, en 7 décimas.

Ademais do habitual liderado dos espazos informativos, na pasada fin de semana destacan as audiencias de programas ofrecidos pola Televisión de Galicia no prime time do sábado e do domingo, como “Vaia Troula”, “Luci” e “Bamboleo”, que conseguiron levar a canle pública galega ao liderado.

ler máis

A Galega celebra o seu 30 aniversario sendo líder de audiencia por segundo día consecutivo

27/07/2015

A canle pública conseguíu un 12,8% de cota de pantalla no conxunto do sábado 

O programa máis visto do prime time foi a "Gala do 25 de Xullo", que foi seguida por un total de 133.000 espectadores no seu minuto de ouro ás 21:59 horas

A Galega celebra o seu 30 aniversario sendo líder de audiencia por segundo día consecutivo

Santiago 27.07.2015.-     A Televisión de Galicia celebrou o día grande da nosa comunidade posicionándose como líder de audiencia tanto no conxunto do día coma no prime time. Ao longo do 25 de xullo, a canle pública galega acadou un 12,8% de cota de pantalla, polo que se converteu na canle máis vista da nosa comunidade. No ámbito galego e autonómico, ningunha outra canle logrou chegar aos 9,5 puntos de cota no conxunto do día. 

ler máis

Os Fogos do Apóstolo lideraron as audiencias no "prime time" en Galicia, con picos do 25% de cota de pantalla

25/07/2015

Con esta transmisión, xunto ao Telexornal Mediodía e os Deportes do Mediodía, e TVG fíxose con tres dos catro programas máis vistos o 24 de xullo

Preto de 900.000 galegos seguiron as emisións da Televisión de Galicia ao longo da xornada, o que representa un tercio da poboación

Hoxe pódense seguir en TVG a grande “Gala dos 30 Anos” da Televisión de Galicia, así como o programa “Aquí G

Os Fogos do Apóstolo lideraron as audiencias no "prime time" en Galicia, con picos do 25% de cota de pantalla

Santiago, 25.07.2015.- A transmisión en Televisión de Galicia do grande espectáculo dos Fogos do Apóstolo liderou a programación de entretemento e as audiencias do prime time ou horario de maior seguimento en Galicia, ao acadar unhas audiencias que chegaron a picos do 25,7% e 255.000 espectadores, segundo os datos de audimetría de Kantar Media.

ler máis

Un total de 1.670.000 espectadores elixiron a Televisión de Galicia para informarse no mes de setembro

01/10/2014

En xeral, os informativos da Galega conservan o seu liderado e volven aumentar a súa audiencia

Os espazos de noticias da TVG máis seguidos foron o “Telexornal Mediodía”, cun 25,8% de cota de luns a venres, e o “Galicia Noticias Mediodía”, co 25,7%

Un total de 1.670.000 espectadores elixiron a Televisión de Galicia para informarse no mes de setembro

Santiago, 01.09.2014.-  Un total de 1.670.000 espectadores elixiron nalgún momento os espazos de noticias da Televisión de Galicia durante o mes pasado para estar ao tanto da actualidade, segundo recolle o informe de audimetría que elabora a empresa Kantar Media. Este seguimento representa o 62,9% dos galegos de 4 e máis anos de idade. En xeral, os espazos informativos da Galega manteñen o seu liderado e volven aumentar a súa audiencia en setembro.

ler máis

A TVG acadou entre febreiro e marzo unha cota de pantalla do 15,8%, segundo a primeira onda do ano do EGM

11/04/2012

O Estudio General de Medios adxudícalle á Galega un incremento do 26,4% con respecto ao período anterior e do 17% en relación á mesma época do ano pasado


Tanto no conxunto do día coma no prime time, destacan especialmente as audiencias da fin de semana

A TVG acadou entre febreiro e marzo unha cota de pantalla do 15,8%, segundo a primeira onda do ano do EGM

Santiago, 11.04.2012.- Segundo os datos do Estudio General de Medios (EGM), a Televisión de Galicia incrementou a súa audiencia na primeira onda do ano (febreiro-marzo de 2012) en 3,3 puntos e nun 26,4% con respecto á última onda de 2011 (outubro-novembro). O último informe do EGM adxudícalle á canle autonómica galega unha cota de pantalla do 15,8% de luns a domingo, un dato que supón tamén un crecemento en relación ao mesmo período do ano anterior, neste caso de 2,3 puntos, un 17% máis.

ler máis