CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Este domingo as fases de ascenso de fútbol serán as protagonistas na tvG2 e na nosa web

04/06/2011

O Celta xoga o sábado na segunda canle o seu último partido da temporada regular

Santiago, 04.06.2011.- A tvG2 e a web da CRTVG ofrecen outra vez unha fin de semana de eliminatorias deportivas. Este sábado, ás 20.00 horas, o Celta de Vigo xogará, en directo na segunda canle da Televisión de Galicia, o seu último partido da temporada regular fronte ao Cartaxena.

O Celta despide este sábado en Balaídos o campionato de Liga cun partido con numerosos alicientes. Os célticos necesitan gañar para escalar posicións e gozar do factor campo nos ansiados play off de ascenso e mesmo poden acabar terceiros en caso de que vitoria celeste, derrota do Selecta e empate do Elche.

O domingo a competición comezará, tanto para os espectadores da tvG2 coma para os internautas da web da CRTVG, ás 13.00 horas, co partido San Sebastián de los Reyes–Cerceda, ambos os dous equipos están xogando polo ascenso á Segunda B. A partir das 16.30h, o fútbol continuará coa transmisión dun dos mellores torneos de fútbol alevín, o Arousa Fútbol 7.

A partir das 18.30h, o fútbol sala feminino será o protagonista na tvG2 e na web da CRTVG coa transmisión da final da Copa da raíña de fútbol sala.

Por último, as transmisións deportivas do domingo pecharanse ofrecendo o partido de fútbol Alavés–Lugo, o último Play Off de ascenso á 2ªA.