CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Continúan as fases de ascenso, na tvG2 e na web da CRTVG

28/05/2011
[traduccion]

Santiago, 28.05.2011.- As competicións deportivas están rematando as súas temporadas e, desde hai semanas, tanto a segunda canle da TVG, a tvG2, coma a web da CRTVG están ofrecendo as fases eliminatorias dos equipos galegos das diferentes disciplinas deportivas.

Esta fin de semana comezan as transmisións o sábado, ás 16.25 horas, co primeiro partido de semifinais da Liga Nacional de Fútbol Sala que disputarán Xacobeo Lobelle–F.C. Barcelona. A continuación, ás 18.00h., tvG2 e a web da CRTVG (www.crtvg.es/deportes) apostan polo balonmán emitindo o partido Huesca–Cangas, correspondente ao Play Off de ascenso á División de Prata do balonmán. O equipo galego buscará o triunfo para poder ascender e xogar xunto ao outro equipo galego Academia Octavio Pilotes a Liga Asobal. A final desta fase de ascenso poderase seguir o domingo, a partir das 12.15h., a través da web da CRTVG.

O domingo, tres equipos galegos de fútbol xogarán, na tvG2 e na web, os encontros que os poden levar a ascender á Segunda A, no caso do Lugo, e á Segunda B, os equipos do Cerceda e do Rácing de Ferrol. Os tres equipos galegos, que teñen que gañar, reciben os visitantes co marcador en contra. Os encontros son: Lugo-Murcia (17.30h.); Cerceda-Llagostera (18.00h.) e Rácing de Ferrol–Binéfar (18.00h.).

Despois do programa "A Liga das Cidades", ás 19.00 horas, a tvG2 ofrecerá o segundo partido do Play Off de ascenso á Liga ACB, entre o Obradoiro–Murcia, e as 21.00 horas, o fútbol continúa na canle galega co encontro Xerez–Celta de Vigo, onde os celestes teñen unha nova e importante cita para poder seguir aspirando ao ascenso á 1ª División.