CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A tvG2, testemuña hoxe da final do I Open Internacional Cidade da Coruña de tenis en cadeira de rodas

19/06/2011

A competición, que ten como escenario as pistas da Escola Marineda, en Cambre, conta co galego Martín Varela como principal favorito

A tvG2, testemuña hoxe da final do I Open Internacional Cidade da Coruña de tenis en cadeira de rodas

Santiago, 19.6.2011.- A segunda canle da TVG, tvG2, ofrecerá hoxe (16.30h) desde as pistas da Escola Marineda, en Cambre, a final do I Open Internacional Cidade da Coruña de tenis en cadeira de rodas, unha competición que arrancou o día 16 amosando un alto nivel competitivo entre os países participantes e que ten como principal favorito a Martín Varela, subcampión de España.

As cámaras da G2 serán testemuñas desta final emocionante, que amais de Martín Varela, de Corme, conta con outros favoritos para facerse co trofeo, os galegos Álvaro Llobre e Juan Gutiérrez, Víctor García e Lhaj Boukartacha.