CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A TVG é a canle máis vista en Galicia, segundo os datos do último informe do EXM

01/12/2016

De luns a venres logrou superar o seu competidor máis próximo en 2,5 puntos de cota de pantalla.

A TVG é a canle máis vista en Galicia, segundo os datos do último informe do EXM

Santiago, 01.12.2016.- De novo a Televisión de Galicia foi a canle máis vista en Galicia, segundo os datos do ultimo informe do Estudo Xeral de Medios (EXM). A TVG acadou unha cota de pantalla, ou share, de 15,4% de luns a domingo e un 16,5% de luns a venres.  De luns a domingo logra superar a Antena 3 (13,7%), o competidor máis próximo en 1,7 puntos de cota de pantalla. De luns a venres a distancia é superior, xa que logra superar a ésta canle en 2,5 puntos de cota de pantalla.  

De luns a domingo a TVG supera a La1 (11,7%) en 3,7% de cota e a La Sexta (9.2%) en 6,2 puntos. Segundo o EXM, mostraxe de medición televisiva que se fai por enquisas persoais, a TVG no Prime Time tivo audiencias destacadas sobre a media na noites dos martes (15,3 %) e as dos luns (14,8%).

Entre as canles autonómicas a canle pública galega é a terceira en cota de pantalla, unicamente é superada pola televisión vasca (18,3%) e pola catalana (16,1%), e supera con moita diferencia ás demais.