CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Televisión de Galicia remata setembro como a segunda canle autonómica máis vista

01/10/2016

A Televisión de Galicia remata setembro como a segunda canle autonómica máis vista

A súa fortaleza baseouse no horario de prime time, en que acadou un share do 12,3%, o que significa 2,8 puntos máis ca no mesmo mes do ano pasado

'Luar' foi onte o programa máis visto en Galicia, cun 15,6% de cota de pantalla

A Televisión de Galicia remata setembro como a segunda canle autonómica máis vista

Santiago, 01.10.2016.-       A Televisión de Galicia foi a segunda canle autonómica máis vista durante o mes de setembro, superada só pola catalá e cunha considerable distancia con respecto ao resto. Acadou unha cota de pantalla media por día do 9,6% e subiu ata o 12,3% no prime time. A segunda canle achega outros 0,7 puntos correspondentes á súa audiencia media no total día de setembro.

A TVG situouse a gran distancia coa seguinte canle autonómica en audiencia. No total día foi a andaluza Canal Sur, cun 8,1%, e no prime time foi a vasca ETB2, cun 8,4%. A autonómica catalá, pola súa parte, acadou un 11,4% no total día e un 13,0% na faixa de maior seguimento.

Con respecto a setembro do ano anterior, a canle pública galega mellora os seus resultados. Subiu sete décimas en audiencia no total do día e 2,8 puntos no prime time.

Para confirmar o favorable peche do mes de setembro, 'Luar' foi onte o programa máis visto en Galicia, cunha cota de pantalla do 15,6%.