CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Televisión de Galicia foi esta fin de semana a canle autonómica máis vista

05/09/2016

Entre o venres e o domingo rexistrou unha cota de pantalla do 9,5% no conxunto do día e do 12,9% no prime time

No ámbito galego, os espazos da TVG “Verbenalia” e “Bamboleo” foron os máis vistos nas xornadas do venres e o sábado, cun share do 17,7% e do 16,1% respectivamente

A Televisión de Galicia foi esta fin de semana a canle autonómica máis vista

Santiago, 05.09.2016.-    A Televisión de Galicia foi esta fin de semana, entre o venres e o domingo, a canle autonómica máis vista, tanto no conxunto do día, cunha cota de pantalla do 9,5%, coma no prime time, faixa horaria en que obtivo un 12,9% de share.

No conxunto do día foi quen de superar a TV3, a canle autonómica máis próxima, en 8 décimas. No prime time, a distancia sobre a televisión catalá foi aínda maior, xa que se situou a 2,3 puntos de cota da TVG.

No ámbito galego, cómpre salientar o liderado na faixa de maior consumo televisivo do sábado, en que a TVG acadou unha cota do 15,5%, en boa medida grazas ao seu programa estrela deste día da semana, “Bamboleo”, que rexistrou un share do 17,7% e unha audiencia media de 129.000 espectadores. De feito, este programa foi o máis visto do sábado e tamén foi quen de facerse co minuto de ouro.

Pero este non foi o único programa destacado da fin de semana, xa que o venres a Televisión de Galicia emitiu tamén o espazo máis visto da xornada na comunidade: “Verbenalia”, que obtivo unha cota de pantalla do 16,1% e unha audiencia media de 128.000 espectadores, acadando novamente o minuto de ouro en Galicia.