CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A G2 desprázase ata San Sebastián e Zierbena para retransmitir as seguintes xornadas da Liga ACT

10/07/2020

A segunda canle da Televisión de Galicia ofrece esta fin de semana a Bandeira Caixabank e a Bandeira Petronor

A G2 desprázase ata San Sebastián e Zierbena para retransmitir as seguintes xornadas da Liga ACT

Santiago, 10.07.2020.-   Os medios públicos galegos retransmitirán esta fin de semana, en directo pola G2, a terceira e cuarta xornadas da liga de remo desde o País Vasco, logo de comezar, o pasado 4 de xullo, a Liga ACT en augas da Coruña. 

A primeira cita da xornada en directo terá lugar o sábado a partir das 17.30 horas. A G2 porá toda a atención na competición feminina Euskotren Liga de traiñeiras en augas de San Sebastián, onde ofrecerá a V Bandeira Caixabank. Na mesma liña, as embarcacións masculinas da Eusko Label Liga comezarán ás 18:00 horas a oitava edición desa Bandeira. 

O domingo celebrarase a cuarta regata da liga en Zierbena, a partir das 11.30 horas, onde se disputará a Bandeira Petronor: a trixésimo sétima edición para a Eusko Label Liga e a cuarta da competición feminina.

Ata o momento, a clasificación está encabezada por Orio e Santurtzi, seguida de Donostiarra Amenabar e Bermeo Urdarbai Avia. Os clubs galegos, Cabo e Ares, ocupan a oitava e novena posición, respectivamente. Na liga feminina, con catro embarcacións e sen representación galega, tamén está ocupada a primeira posición por Orio.