Coronavirus, a última dunha longa lista de amenazas sanitarias na historia

03/03/2020 10:57:15
Coronavirus, a última dunha longa lista de amenazas sanitarias na historia

A expansión do coronavirus dende a provincia china de Wuhan que se foi propagando con gran rapidez no país asiático para saltar logo a outros territorios fronteirizos con China e nos últimos tempos a Europa, América e norte de África. Os expertos insisten en que os seus efectos son menores que os de outros procesos infecciosos e moi alonxados das grandes pandemias coñecidas pola humanidade. Destacan a facilidade de contaxio, aínda que na maioría dos casos, os afectados conseguen superar a enfermidade sen grandes dificultades, agás persoas de idade con patoloxías relacionadas cas vías respiratorias ou con outras que incrementan de xeito notable a vulnerabilidade dos organismos que a sofren.

No caso do coronavirus ou “Covid-19” como se denomina oficialmente, ten pendente da súa evolución a boa parte do mundo e en determinadas zonas a poboación está presa do pánico e da paranoia polo medio ó contaxio. Especialistas como o galego Juan Gestal ou o catedrático Ángel Gil de Miguel, consideran que se están producindo reaccións esaxeradas, atribuíbles á falla de documentación e información axeitada. Unha das pancas desas actitudes radica na globalización e o poder das redes sociais. De feito, algúns afectados, como o concelleiro do BNG en As Pontes e a súa dona, decatáronse de que non podían saír do hotel no que estaban hospedados debido a que un grupo de turistas italianos deron positivo, a través das chamadas e mensaxes de familiares e amigos, preocupados polo seu estado.

Paralelamente, a alarma xerada está tendo consecuencias económicas, con caídas considerables nas principais bolsas do mundo e cancelacións en destinos turísticos nos países con casos de contaxio. Con todo, as autoridades sanitarias afirman que a pesar da rápida propagación e da facilidade de contaxio, e admitindo que aínda ten bastante percorrido por diante, non se trata dunha pandemia, das que deixaron forte pegada na historia da humanidade, con centos de millón de mortos algunhas, ós que contribuíron a falta de medios e de tratamentos para combatelas.

A máis importante e temible polo número de mortos ó longo da historia foi a varíola, á que se atribúen 300 millóns de vítimas mortais, ademais de outros moitos millón de superviventes que sufriron secuelas, como manchas moradas de tamaño variado repartidas polo corpo adiante. Actualmente, as autoridades sanitarias teñen declarada como erradicada esta enfermidade.

No segundo lugar colócase o xarampón, con máis de 200 millóns de mortos ó longo de máis de 3.000 anos. Nalgunhas épocas, chegou a provocar a morte de 90.000 nenos por ano en todo mundo.

A temible gripe española está considerada como a terceira pandemia máis importante sufrida pola humanidade, á que se lle atribúen entre 50 e 100 millóns de falecidos entre 1918 e 1920. Tanto neste caso como nos outros, as cifras deben tomarse como modestas, xa que moitas vítima mortais non foron diagnosticadas, o cal explica que algúns censos sexan tan pouco precisos.

No cuarto lugar sitúase a peste negra (ou bubónica), que posiblemente custou a vida a 75 millóns de persoas. Co mesmo orixe que a bubónica está a denominada Praga de Justiniano, que aínda que menos mortífera que a anterior, tamén se levou por diante a vida de 25 millóns de afectados. Parecido número de vítimas que as causadas polo VIH (Virus de Inmunodeficiencia Humana) ou Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (sida), que provocou 25 millóns de Baixas.

Con valores moi importantes aínda figuran a Terceira Pandemia, con 12 millóns de mortos; a Peste de Antonino, con 5 millóns; a Peste de Cipriano, con entre 3 e 5 millóns de falecidos; os tifus, con 4 millóns de mortos; o cólera, con 3 millóns; ou a gripe de Hong Kong, con case un millón de mortos. Outro dos azoutes históricos para as zonas pobres e deprimidas á o cólera, que aínda hoxe se leva por diante a vida de 250.000 e 1,5 millóns de persoas. Á febre amarela é causante dunhas 30.000 mortes por ano.

Na relación maldita teñen oco a meninxites, a difteria, a malaria, o dengue, a gripe aviar ou o Zika, que os expertos consideran que en determinadas épocas ten causado 700.000 falecidos por ano. Entre as modernas aparece o Ébola, con 11.300 mortos, dos cales 2.300 faleceron no Congo, que tivo en vilo a moitos países, como España, a pesar de que so houbo dous vítima mortais (Miguel Pajares e Manuel García Viejo), misioneiros ambos, que aínda que morreron en Madrid traballaban en Liberia e Serra Leona, respectivamente, zonas onde o virus estaba moi estendido. O impacto informativo subiu de nivel neste caso coa noticia da infección de Teresa Romero, unha auxiliar de enfermería de orixe luguesa, que estivera en contacto García Viejo.

Despois de atravesar por unha situación delicadísima e 42 días de illamento nunha unidade hospitalaria especial, superou a enfermidade e puido iniciar a longa recuperación que a devolveu á normalidade. O caso de Teresa Viejo foi seguido en directo dende tódolos fogares debido á intensísima cobertura adicada polos medios informativos, sobre todo as televisión. Hoxe, cinco anos e medio despois, todo desapareceu e non queda máis que a lembranza.

Compartir en Facebook