CRTVG

Buscar
Programa 33: No Grove, en Castroverde e na Estrada

Programa 33: No Grove, en Castroverde e na Estrada

16/01/2021 - 15:46 h

Que nos pille rebolando!

Novo programa para a tarde dos sábados que presentan Lucía Rodríguez e Adrián Díaz.

Este novo magazine estará en directo, durante dúas horas e media, para compartir ao vivo unha das grandes celebracións do noso país, gozar coa música e coa gastronomía galega e agasallar os espectadores con concursos, entre outros contidos. 

Cada fin de semana, abordará desde o estudio un gran evento de actualidade e o lugar en que se celebraría se non houbese as limitacións pola covid-19. A isto únese un punto de directo na localización principal do evento e conexións extra situadas noutros lugares e en eventos importantes da axenda de Galicia.

Feiras, romarías, gastronomía, artesanía, tradicións, protagonistas… e, sobre todo, a mellor música e divertimento serán os principais ingredientes que farán de Que nos pille rebolando! unha cita indispensable na programación familiar da fin de semana.

Que nos pille rebolando! á carta