CRTVG

Buscar
La Fórmula

La Fórmula

09/09/2017 - 00:30 h
Orquestra New York
02/09/2017
00:30 h
Orquestra Aché
10/08/2017
10:30 h
Charleston Big-Band
03/08/2017
22:30 h

Grandes orquestras de Galicia

A TVG dará cobertura este verán á xira 2017 das grandes orquestras galegas cun amplo dispositivo que levará ás casas dos espectadores da TVG os novos e impresionantes espectáculos deste ano.

Cada xoves, en horario de máxima audiencia, coñeceranse de primeira man as coreografías imposibles, as novas fichaxes e as cancións que dominarán a escena musical da temporada estival.

Non moverse do sofá será complicado coas vibrantes actuacións de formacións como a orquestra Panorama, a París de Noia, o Combo Dominicano, Los Satélites ou a Olympus, que amosarán por toda a xeografía o repertorio que resoará en cada campo da festa, cada praza ou cada pavillón das vilas e cidades de Galicia.

Nove cámaras e dous reporteiros aseguraranse de captar os momentos máis emocionantes, espectaculares e divertidos, sen esquecer a paixón dos afeccionados ás orquestras, os bailes agarrados e os segundos pases, só aptos para os máis atrevidos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Grandes orquestras de Galicia á carta