CRTVG

Buscar
Animais perigosos / Novidades no Caso Asunta / Policía Nacional na noite da Ascensión / Crime da rúa Oporto de Vigo

Animais perigosos / Novidades no Caso Asunta / Policía Nacional na noite da Ascensión / Crime da rúa Oporto de Vigo

04/06/2014 - 22:15 h

Galicia 112

Os profesionais do Corpo Nacional de Policía, da Garda Civil ou da Policía Autonómica, pasando polos servizos de urxencias sanitarias, salvamento marítimo, bombeiros e policías locais, serán os protagonistas de “Galicia 112”, que descubrirá as situacións máis destacadas ás que se enfrontan no seu día a día.

Beatriz Pino e David Espiño conducirán en directo un programa que buscará a colaboración dos espectadores, por vía telefónica ou a través das redes sociais; que traballará na busca de persoas desaparecidas; que insistirá na prevención sanitaria, policial e de emerxencias; e que afondará nalgunhas das actividades delitivas máis frecuentes e habituais, como violencia de xénero, calotes e ciberdelincuencia.

"Galicia 112” contará co asesoramento e colaboración dos distintos Corpos e Forzas de Seguridade para repasar algúns dos casos máis destacados da historia recente. En cada emisión, incluiranse reconstrucións de sucesos, ampliadas con entrevistas en directo cos distintos implicados e especialistas.  

Ademais, elaborarase semanalmente un mapa de incidencias onde se reflectirán as accións semanais dos Corpos de Seguridade, de emerxencias ou sanitarios. Estes mapas poden conter desde delictos ata accidentes de tráfico, intervencións de Protección Civil e informacións meteorolóxicas adversas, así como todo tipo de incidencias sanitarios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Galicia 112 á carta