CRTVG

Buscar
Programa 400

Programa 400

03/07/2020 - 19:00 h
Programa 399
02/07/2020
19:00 h
Programa 398
01/07/2020
19:00 h
Programa 397
30/06/2020
19:00 h

Fun polo aire

'Fun polo aire' espallará por todo o país un equipo de cinco reporteiros que farán que as tardes estean máis vivas ca nunca contándolles aos espectadores todo o que sucede, o que se está facendo en Galicia a esas horas en cada vila, no campo, na cidade, no mar…   

O programa, que aposta pola actualidade, polos temas dos que fala todo o mundo, emitirase desde as 19:00h. De luns a venres, o ‘Fun polo aire’ contará o que está a pasar en Galicia en todo momento e sen perder actualidade e frescura.

Unha das grandes apostas de 'Fun polo aire' son as conexións en directo, que virán da man dos reporteiros Ricardo Saavedra, Paula Señarís, Emilio Guillín, Noa García e Nuria Castro.

'Fun polo aire' pretende ser un formato agradable, fresco, cheo de cor e de bo humor. En definitiva, trátase de magazine de proximidade onde os verdadeiros protagonistas serán os galegos e galegas de a pé co fin de demostrar que Galicia está más próxima ca nunca.

Fun polo aire á carta