CRTVG

Buscar
Con Rosa López

Con Rosa López

08/08/2020 - 22:00 h
Con Álex Ubago e Astarot
18/07/2020
22:00 h
Con Diana Navarro
11/07/2020
22:00 h

Bamboleo

Bamboleo é un programa con música e baile presentado por Xosé Manuel Piñeiro. No estudio de gravación distínguense cinco sets, cunha presenza de público próxima ás 200 persoas e diferentes actuacións con artistas das máis variadas procedencias e experiencia.

Neste programa, dirixido a unha audiencia de todas as idades, gózase da música de grupos pop galegos da máxima actualidade e en voga.

Son algo máis de dúas horas de programa en que destacan enxeñosas seccións: "Sobes ou baixas?" na que se pon a proba as respostas dos convidados musicais; "Agora ou nunca" ofrece unha última oportunidade para que sobresaian artistas descoñecidos en televisión; "Dirty Dancing" propón un baile interxeracional, con exhibición de bailes de salón; "A ITV do amor" é un test para parellas de namorados que pensan casar ou ir vivir xuntos.

Galería de imaxes

Bamboleo á carta