CRTVG

Buscar
Programa 8: Mari e Enzo / Hugo e Teresa

Programa 8: Mari e Enzo / Hugo e Teresa

11/03/2020 - 22:30 h

A miña familia pola túa

Imaxinas que dun día para outro che cambien a túa nai e teñas que obedecer a outra persoa? Isto é o que lles pasa os participantes de ‘A miña familia pola túa’,  nha divertida proposta en que dúas nais, de familias con estilos de vida radicalmente opostos, intercambiarán o seu fogar durante unha semana de convivencia.

Neste espazo, un éxito mundial, adaptado a máis de 20 países e producido por Magnolia TV e La Región para a TVG, as familias elixidas vivirán unha aventura que non as deixará indiferentes. Haberá risas, pero tamén tensión; haberá emoción, pero tamén algún que outro desgusto. E é que cando alguén de fóra entra nunha familia como membro novo, pode pasar de todo.

Durante a semana de intercambio, cada novo membro deberá adaptarse ao estilo de vida e á rutina diaria da súa nova familia. Nos primeiros días, a nai que chega ao seu novo fogar terá que coñecer e adaptarse ás normas polas que se rexe a familia que vive alí, para máis tarde impoñer a súas propias regras en función dos aspectos que non lle gustaran. Ao final da semana, as dúas familias enfrontaranse nun acareo para expoñer as súas diferenzas no seu modo de organizar a vivenda e os seus hábitos familiares. Aprenderán algo os uns do

A miña familia pola túa á carta