CRTVG

Buscar

Gastrópodos

Vilagarcía de Arousa

16/12/2017 19:20 h

“Gastrópodos” achégase desta volta á beira da ría de Arousa para facer parada en Vilagarcía. Os dous cociñeiros e protagonistas do programa, Beatriz Sotelo e Antonio Botana, volven enfrontarse nun reto en que, a cada paso, pode observarse a crecente competitividade entre dous estilos de cociña moi persoais.

Os dous equipos de cociña, en que tamén están a presentadora Marta Doviro e o presentador Antón Lezcano, visitan o mercado de abastos da vila, que está a someterse a unha profunda rehabilitación. Alí fan a compra e tamén coñecerán polo miúdo as características dun mercado que ten unha fonda tradición na contorna da vila.

O equipo do programa vivista un negocio de hostalería, a tapería Malquerida, unha taberna que rexenta Richard Santamaría e que, pouco a pouco, vai adquirindo unha acreditada sona na vila arousá.

Para esta ocasión, o xurado está formado por unha representación do equipo de baloncesto AD Kemegal Cortegada, equipo da Liga 2 de baloncesto feminino. Os dous axudantes proceden da Escola de Hostalería Carlos Oroza de Pontevedra. Nesta ocasión o cásting foi feito entre alumnos de FP Básica de cociña.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: