CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 316: 'Vender fume'

11/10/2019 13:13 h

Manuel agarda a chegada de Freire, ademais de porque é un grande amigo, porque quere contar con el para tomar a decisión de se venderlle ou non a Tomás a súa participación en Cárnicas Santalla, tal e como lle propón Marcos.

Ademais, os socios teñen noticias de Álvaro, que está a cargo dun familiar que non repara en gastos do enfermo, polo que todos se preguntan que intereses agochará. Quen tamén intentará salvar Cárnicas Santalla é Carmiña, que, na súa inocencia, comeza a pedir esmola para iso.

Pero atopa unha solución mellor: sortear un dos porcos da empresa, ou mellor dito, un dos futuros porcos, xa que as porcas da granxa aínda non pariron. Un "pequeno" detalle que fará que Carmiña e Elvira, en lugar de rifas, se poñan a "vender fume", pero cada unha co seu estilo particular.

 

Atopar capítulo por: