CRTVG

Buscar

Alalá

Tino Baz

08/06/2011 22:05 h

Cantautor guardés nado en 1972 no barrio da Robaleira, en pleno porto guardés, Tino Baz, amosou dende a súa nenez unha clara disposición para a música e unha certa facilidade auditiva para cultivala, sumadas a unha fervorosa devoción polo canto, posiblemente herdada de seu pai e sempre presente no entorno familiar.

Coñece e participa das primeiras edicións da Festa da Poesía do Condado, alá polos albores dos anos oitenta, onde sendo neno, albiscaba un espacio cultural diferente, alí precisamente onde xermolaba unha mensaxe lírica de combate e de reinvidicacón nacional a través da palabra.

No verán do ano 1990, o cantautor recentemente falecido Suso Vaamonde fixo de ponte para que Tino Baz entrara a formar parte do grupo “A Roda”, como gaiteiro, cantor e percusionista, nacendo dende aquela entre ambolosdous unha relación de amizade que se iría enriquecendo co paso dos anos, e que viría a ser decisiva no desenrolo de Tino, como músico e cantor. Proba diso, son as referencias cronolóxicas e estéticas daquela voz ceibe dos anos setenta, das que Tino se nutre como principal fonte da poesía galega cantada, Inflúe nel, ostensiblemente, a pegada de “Fuxan os ventos” e mais concretamente “A Quenlla”, fundamentalmente a través dos compañeiros e amigos Mini e Mero.

Dirixiu na Guarda, durante un tempo, ó grupo de pandeireteiras “As Batuqueiras do Trega”, integrado por un conxunto de voces femeninas nas que se traballa fundamentalmente a canción popular utilizando o acompañamento da percusión tradicional. Logo de ter compartido múltiples e variadas experiencias có grupo de gaiteiros Treixadura, formou parte do coro de voces Orfeón Treixadura. Recentemente publicou o disco Cinsa Namorada, con gran éxito do público e da crítica.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: