CRTVG

Buscar

Vou que teño que ir

Programa 15: A Coruña

18/02/2020 23:30 h

Hoxe a nosa visita lévanos á capital das Rías Altas é dicir, Á Coruña, una cidade aberta ó mar e co paseo marítimo máis longo de Europa. Repasaremos a historia da cidade a través da súa arquitectura modernista, do Mirador de San Pedro e do Castelo de San Carlos. Visitaremos o Aquarium Finisterrae, un centro interactivo de divulgación cientítica.

Víctor e Ledicia terán a oportunidade de poñer a proba a súa puntería xogando no Real Club de Golf da Coruña onde competiron campións como Jose Antonio Salgado. A Pulpería Melide, será o lugar elexido por Víctor para saciarse de polbo e o Tira do Praia o restaurante no que Ledicia vai probar una deliciosa robaliza. Xa á noite, aloxaranse no elegante Hotel NH Collection e no céntrico Hostal Alborán.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: