CRTVG

Buscar

Ribeiras de salitre

Celeiro, un mar en busca de horizonte

10/11/2019 15:45 h

Estamos nun dos portos destacados de Europa. O porto de Celeiro, a súa confraría conta con 300 asociados, dedicados a artes menores, cerco, palangre e arrastre. A actividade no porto a xestiona a empresa Puerto de Celeiro S. L. e o pasado ano facturouse un millón de euros.

Aquí ten a base o helicóptero de salvamento Pesca 2, e imos voar con eles e falar co comandante Carlos Ferreira e o rescatador Daniel Rey. Quedamos coa patroa de altura Arantxa Toriza, con experiencia no Gran Sol e que agora vai ir faenar ás Malvinas. Un bo amigo é Manuel Luís Rodríguez, que foi cociñeiro nos barcos pesqueiros. A música tráenola o mestre de gaita David Bellas. Carmen Fernández, de familia mariñeira, traballou en varias conserveiras.

Imos saber máis da cultura mariñeira co escritor Vicente Míguez. E na lonxa quedamos co peixeiro Kiko Lage, a quen lle ven o oficio da súa avoa.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: