CRTVG

Buscar

Larpeiros Social Club

De cociña silvestre e arroces moi ricos

18/02/2020 22:30 h

Hoxe no Larpeiros Social Club ímonos botar ao monte, para atopar de mans dun experto, algúns dos seus tesouros máis prezados. Adrián será o encargado de viaxar ata O Bioco, en Pontevedra, para ir de excursión co micólogo Juan Castiñeira, con quen aprenderá a apañar cogomelos.

En Galicia non lle fixemos moito caso aos fungos ata hai pouco, pero a cousa foi cambiando, e agora valoramos cada vez máis este manxar dos nosos bosques. Con eles, faremos un arroz repleto de sabores e recendos, e de paso, aprenderemos a lle sacar partido a estes cogomelos que son tan galegos como os grelos.

Gracias a sabedoría do noso amigo Carlos Parra e da axuda de Leni. E de aperitivo, cociñarán un milfollas de xamón, cogomelos e queixo, perfecto para ir abrindo boca! O asunto das mazás quedará resolto grazas a Merchi, porque se algo nos gusta aos galegos é comer e cociñar co froito das maceiras. A larpeira máis doce fará unha torta cunha gran variedade de mazás. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: