CRTVG

Buscar

Imos de feira

Programa 10: Ordes

14/03/2020 19:15 h

Imos de Feira – Ordes Hoxe en “Imos de Feira” quedamos a medio camiño entre A Coruña e Santiago para visitar a vila de Ordes, na conca do río Tambre. Esta vila, que ten as súas raíces na Idade Media, é coñecida sobre todo pola gran feira que se celebra todos os mércores, e que dota de vida á praza do Campo da Feira e a todos os negocios da zona. Cada mércores, veciños da comarca chegan en coches e en buses a Ordes para mercar e vender, e sobre todo, pasar un bo día. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Ordes para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros! Quen gañará? Cantos cartiños levará? E onde poderá gastalos? Se queres descubrilo, imos de feira!

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: