CRTVG

Buscar

Escapárate

A Bufarda de Ourense e Essenzial Home do Grove

16/11/2019 20:15 h

Xa chegamos á derradeira semana deste programa, despois de remodelar 18 (dezaoito) escaparates, axudando a potencia-lo pequeno comercio de Galicia. Hoxe, remodelarémo-los escaparates das últimas dúas tendas. Por unha parte, facendo un reconto, o equipo de Daniel gañou ata o de agora a competición en 7 dos 9 programas anteriores. Superou con vantaxe a súa rival, conseguindo uns fantásticos resultados en Comercial Julio Tojo de Santiago, na tenda de mascotas Rodri de Vilagarcía, na librería Vidal de Sanxenxo, na droguería Villar da Coruña, na Moda d’Abaixo en Pontevedra, na tenda de cómics Metrópolis de Ferrol e na tenda de roupa de moda curvi O’ Prenda do Barco de Valdeorras. E por último esta semana, como broche final, traballarán no enorme escaparate da tenda de decoración e accesorios para o fogar “ESSENZIAL HOME” situada no Grove. Loitarán contra o equipo de Clara Copena, que na súa batalla durante os pasados programas, gañaron en dous escaparates dos nove que levan feitos: na tenda de roupa masculina Sintimones de Santiago de Compostela, e na ​florería Astilbe de Noia. Nesta última batalla, o equipo de Clara terá a misión de remodela-lo escaparate da Bufarda en Ourense, unha tenda de xoguetes diferente, especializada nos xogos tradicionais e curiosos. Máis persoas, máis vendas. Escapárate: ou escapas, ou paras.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: