CRTVG

Buscar

Cos pés na terra

Sonia, Pepe e Carmen

14/10/2019 23:30 h
Os espectadores de ‘Cos Pés Na Terra’ coñecerán a Sonia, unha rapaza que dedica os seus días á fabricación de xabón artesán feito con aceites reciclados, que só lle trae alegrías que poder gozar en familia.

O espazo visitará tamén a casa de Pepe, un educador social no rural que dirixe os seus esforzos a facer máis doada a vida de aqueles que o precisan, transmitindo sempre os valores e as ensinanzas que o campo regala.

E, por último, compartirá unha xornada con Carmen, criadora de galiñas para concursos de exhibición, galiñas fermosas de todos os tipos, entre as que ademais se pode atopar algún exemplar ben curioso. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: