CRTVG

Buscar

Come a comarca

Comarca de Santiago

04/08/2020 22:00 h

No derradeiro programa o equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita a comarca de Santiago para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional da comarca, composto por: vieira curada, xarrete guisado e coulant de Tarta de Santiago.

Alén Tarrío, do Pampín Bar, será o encargado de guiar aos concursantes pola gastronomía da comarca de Santiago. Estes irán ó restaurante Don Quijote, un clásico da cociña tradicional en Santiago de Compostela, para aprender a cociñar a vieira. En Ames os nosos concursantes van coñecer o proxecto Fisterra Bovine World, no que hai razas de vaca de todo o mundo. Para coñecer os trucos do cociñado do xarrete guisado visitarán o restaurante Cierto Blanco, en Teo. E por último, no restaurante Madia Leva de Santiago de Compostela aprenderán a facer un coulant do postre máis típico e internacional de Galicia: a Tarta de Santiago.

Unha vez desvelados os segredos das tres receitas, os cinco cociñeiros afeccionados do programa enfrontaranse nun concurso popular, na Praza do Obradoiro de Santiago de Compsotela, aos mellores cociñeiros da comarca facendo eses pratos: Manuel Neiro do restaurante AC/DC (Santiago de Compostela), María Fernández do restaurante O Imprevisto (Boqueixón) e Juan Buchet do Pestiscos Gastrobar (Bertamiráns). A súa habilidade nos fogóns e un xurado popular será quen decida que equipo Come a Comarca de Santiago.

Atopar capítulo por: