CRTVG

Buscar

Collidos nas patacas

Os segredos do polbo / Que busca un bo galego en Portugal?

22/10/2015 23:00 h

“Collidos nas Patacas” ensina os espectadores a pescar o polbo con nasa e a distinguir a simple vista os octópodos máis saborosos. Tamén coñecemos como pasou a ser un prato típico das vilas do interior e como se fai o verdadeiro polbo á feira da man dunha das polbeiras con máis sona do Carballiño.
E, para a segunda lección, o programa vai pasar o día a Portugal. Ir á feira, visitar as fortalezas, comer un prato de bacallau ou aprender a facer bordados son algunhas das actividades que non se poden deixar pasar por alto cando os galegos visitan o país veciño.
Paco García Cobas, Raquel Atanes e María Blanco son os presentadores de “Collidos nas Patacas”.

Atopar capítulo por: