CRTVG

Buscar

Gastrópodos

Ourense

23/12/2017 19:30 h

“Gastrópodos” chega á cidade de Ourense da man dos dous cociñeiros residentes do programa, Beatriz Sotelo e Antonio Botana. O autobús do programa vai estar no parque do Posío e dende alí o equipo trasládase ao mercado de abastos, un edificio que vai comezar proximamente unha reforma integral. O equipo fai parada nun dos lugares de máis sona da cidade, o bar Orellas, un clásico do tapeo ourensán.

Os convidados para formar parte do xurado popular son integrantes do Club Vespa-Lambretta Clásica de Ourense. Nesta ocasión os dous axudantes de cociña son Vanessa Sabel e Brais Domínguez, escollidos nun cásting na escola de cociña CIFP Compostela.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: